Para abordar e intervir nas causas que xeraron a crise do ecosistema no Mar Menor , o MAPMM estrutúrase arredor de 10 liñas de acción a levar a cabo no Mar Menor e a súa conca. Estas medidas integrais céntranse en 4 áreas clave:
- Comprensión: Realización de investigacións e medicións (por exemplo: calidade da auga ou presenza de metais pesados). Tamén, monitorización do estado e a evolución do Mar Menor, creación de modelos e integración de toda a información obtida.
- Control: Vixiar e inspeccionar o Dominio Público Hidráulico e Marítimo Terrestre para garantir o cumprimento da normativa, a protección do Mar Menor e do litoral mediterráneo e o fomento de normativas de especial relevancia para a recuperación do Mar Menor.
- Intervención: Restaurar os ecosistemas e renaturalizar o terreo, previr as inundacións, conservar a biodiversidade e promover a transición dos sectores produtivos. Todo isto priorizando as solucións baseadas na natureza e abordando as causas profundas do desequilibrio no Mar Menor.
- Informar e implicar: Fomentar a participación activa mediante a información e a comunicación.